Sábado 3 de Decembro - Visita à exposición “Adopción, la mirada de los protagonistas” e ó Acuario de A Coruña

Estimados socios

Cando xa dábamos por finalizada a nosa actividade asociativa para este ano chegounos a invitación da Fundación María José Jove para visitar a súa exposición didáctica: “Adopción, la mirada de los protagonistas”, e dende a Xunta Directiva non queremos deixar pasar esta oportunidade xa que dita exposición pechará a finais deste ano.

Pola tarde haremos unha visita o acuario de A Coruña. A data será o próximo 3 de decembro. Polo tanto facemos un chamamento a tódolos socios para que vos apuntedes o antes posible coa fin de pasar un día especial en A Coruña.

A idea da viaxe é esta (moitas das cousas están por detallar pero farémolo máis ou menos coma sempre):

  • 09:30 - 10:00 Saída en bus (financiado por MANAIA) dende Vigo, parando en Pontevedra e en Santiago se fose necesario, chegada estimada as 11:45.
  • 12:00 - 13:30 Visita guiada á exposición “Adopción, la mirada de los protagonistas” con actividades para os nenos
  • 14:00 - 16:00 Picnic nun cole de A Coruña (ainda sen determinar)
  • 16:15 - 18:45 Visita ó acuario de A Coruña Aquarium Finisterrae
  • 19:00 - 19:15 Volta a casa parando en Santiago, Pontevedra e Vigo
Foto obtenida da galeria 'Aquarium Finisterrae' en Flickr de =mc2

Cando vos apuntedes necesitamos os nomes e idades dos nenos e se iríades ou non en en autobus.

Coma sempre podedes traer convidados.

APUNTÁDEVOS CANTO ANTES POR FAVOR

Saludos

La Junta Directiva

Sábado 8 de Outubro - Charla/Coloquio “O vínculo afectivo no neno adoptado: comprensión das súas necesidades para fortalecer un apego seguro”

O SÁBADO 8 DE OUTUBRO ás 11:30 horas Manaia organiza a charla/coloquio “O vínculo afectivo no neno adoptado: comprensión das súas necesidades para fortalecer un apego seguro”, conferencia que será dada por Vinyent Miravent, no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, (rúa Alexandre Bóveda, s/n).

A entrada á conferencia é libre.

Contaremos con servizo de ludoteca.

Vinyet Mirabent Junyent – Psicóloga clínica e psicoterapeuta. Directora do Centro Médico Psicolóxico e do Equipo de Adopcións da Fundació Vidal e Barraquer de Barcelona, entidade recoñecida como Institución Colaboradora en Integración Familiar e en convenio, vixente na actualidade, coa administración.

Ten experiencia clínica e psicoterapéutica con nenos, adolescentes e adultos adoptados e orienta e asesora ás familias e centros escolares. Impartiu distintos cursos relacionados coa adopción en Fundació Vidal i Barraquer (Instituto Universitario da Ramón Llull), na consellería de Familia da Xunta de Castela e León e na Asociación Catalá de Atención Precoz.

Participou coma relatora en distintas xornadas e congresos organizados por distintas entidades: Asociación Catalá de Atención Precoz, a Fundació Vidal i Barraquer Universidade Ramón Llull, o Instituto Madrileño do Menor e a Familia, ou a Conselleria de Benestar Social de Valencia e de Sevilla, o CIMU de Barcelona, a Rede temática de adopción internacional, e distintas asociacións de pais adoptivos. Tamén impartiu conferencias a profesores e mestres en diferentes centros escolares.

Publicou distintos artigos en revistas profesionais, é coautora e compiladora do libro editado por Paidos-Fundació Vidal i Barraquer “Adopción e vínculo familiar. Crianza, escolaridad e adolescencia en adopción internacional” Ed. Paidós, e colaborou noutros libros tamén relacionados coa temática da adopción.

SÓ PARA SOCIOS

Despois da charla faremos un Xantar/Picnic no CEIP Vidal Portela, o cole de Águeda, onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ven levar. E despois teremos un obradoiro para pais onde poderemos poñer sobre a mesa as nosas inquedanzas e dúbidas contando con Vinyet para axudarnos a atopar solucións.

Saludos

La Junta Directiva

Sábado 10 de Setembro - Charla/Coloquio “Os desafíos invisibles da adopción”

O SÁBADO 10 DE SETEMBRO ás 11:30 horas Manaia organiza a charla/coloquio “Os desafíos invisibles da adopción”, conferencia que será dada por José Ángel Giménez Alvira e Carmen Julve, no Liceo Casino de Pontevedra, (rúa Manuel Quiroga, 21).

A entrada á conferencia é libre.

Contaremos con servizo de ludoteca.

José Ángel Giménez Alvira - Psicólogo e pai adoptivo. Cursou os seus estudos de Psicoloxía na Universidade de Innsbruck (Austria) e foi Profesor de Psicoloxía Social na Universidade de Zaragoza.

Coma técnico de Protección de Menores da Comunidade Autónoma de Aragón, traballando fundamentalmente no ámbito do Acollemento Familiar e a Adopción, foi Coordinador do Plan Integral de Infancia e Adolescencia de Aragón. Experto internacional do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais para Latinoamérica onde asesorou a técnicos e políticos no tema da adopción.

Actualmente xubilado desde 2010. É autor do libro “Indómito y entrañable. El hijo que vino de fuera”, libro con inmellorables críticas no eido adoptivo.

Carmen Julve Moreno - Pedagoga e nai adoptiva. Cursou os seus estudos na Universidade Complutense de Madrid e exerce de Profesora da Facultade de Educación da Universidade de Zaragoza, onde dirixe o Posgrao de Pedagoxía Social.

SÓ PARA SOCIOS

Xantar/Picnic no CEIP Vidal Portela e despois obradoiro para pais moderado por José Angel Giménez Alvira e Carmen Julve

Saludos

La Junta Directiva

Solidaridad con la familia de Saray Li

Desde Manaia apoyamos y hacemos un llamamamiento a todos los socios y simpatizantes de nuetras asociación para que apoyen a la familia de Saray Li, una niña de 7 años que está enferma de cáncer

Tras haber pasado por quimioterapia, radioterapia y cirugía el tumor ha vuelto a reproducirse. En su estado actual no puede ser sometida a nuevas sesiones de quimio ni radioterapia. Su familia está buscando alternativas para la cura o, al menos, el bienestar de la pequeña Saray Li. Necesitan de todo tipo de ayuda: médica, homeopática, económica. Para ello han creado el blog La princesa del viento y un grupo en Facebook.

Asociacións como AFAC, AFAIC y "La Voz de Los Adoptados" están colaborando con la familia, difundiendo su mensaje y, entre AFAC y AFAIC tienen abierta una cuenta en la que hacer donativos.

Para más información pinche en los enlaces al blog, facebook y las asociaciones AFAC, AFAIC y "La Voz de los Adoptados"

Actualización del 18 de Agosto: Hoy es un día muy triste. La pequeña Saray Li no pudo más y esta noche ha fallecido.

Desde Manaia enviamos a su familia nuestro sincero pésame

9 de Xullo de 2011 - V ANIVERSARIO DE MANAIA e Xornada Campestre na Carballeira de Mirón (Pontecaldelas)

O SÁBADO 9 DE XULLO, para celebrar o 5º ANIVERSARIO DE MANAIA, teremos unha xornada campestre na Carballeira de Mirón, situada no pobo de Mirón, Concello de Pontecaldelas, a uns 12 Km. de Pontevedra.

O programa será o seguinte:

LUGAR:  Área recreativa de Pozo Negro e Carballeira de Mirón

Está situado no concello de Cotobade, a uns 18 Km. de Pontevedra, e conta cun par de piscinas, unha natural para os maiores e outra artificial para os máis peques, no río para poder bañarnos e xogar un pouco.

Despois desplazaríamonos á Carballeira de Mirón, situada no pobo de Mirón, Concello de Pontecaldelas, a uns 12 Km. de Pontevedra, é un espacio cheo de carballos (supoño que por iso a chaman carballeira, non?) con algunha mesa de pedra e unha pista de futbol sala/baloncesto o lado moi adecuada para o desenrolo de xogos cos nenos. É un sitio sinxelo e fermoso como moitos dos que temos en Galicia, amáis de tranquilo xa que non é moi visitado.

DESPLAZAMENTO

MANAIA poñera un bus co seguinte itinerario:

  • 9:30   Saída de Vigo (lugar por determinar)
  • 10:00   Parada en Pontevedra, nos Mareantes, para recoller a xente de Pontevedra máis os que veñan doutros lugares (Santiago, A Coruña...)
  • 10:15   Saída de Pontevedra cara Pozo Negro
  • 13:00   Saída para a carballeira de Mirón
  • 20:00   Saída da carballeira
  • 20:30   Chegada a Pontevedra
  • 21:00   Chegada a Vigo

ACTIVIDADES

  • De 11:00 a 13:00 bañarémonos e xogaremos nas piscinas de Pozo Negro, podedes traer colchonetas ou algún xogo acuático.
  • As 13:15 Chegaremos á carballeira de Mirón para prepara o xantar, que trairemos cada un da casa, mentres os peques xogan e corren por alí...
  • As 16:00 Faremos xogos populares. Aquí cada un pode facer unha aportación, por exemplo: o pano, a corda, a buxaina, a mariola...
  • As 18:00 Merenda e tarta de aniversario de MANAIA. Haberá sorpresas...

PLAN B

No caso de que o tempo non acompañe pasaremos o día no cole Cordo Boullosa, en Pontecaldelas.

Animádevos e apuntádevos en manaia@manaia.es (ou chamando o teléfono 610635757) canto antes para poder reservar o autobús. Será estupendo poñernos cara.

Saludos

La Junta Directiva

11 Xuño 2011 - Obradoiro para nenos, proxección dunha curtametraxe e reunión de socios :-)

O vindeiro SÁBADO 11 DE XUÑO terá lugar un obradoiro para as nenas e nenos da asociación. Será impartido polas psicólogas Nuria e Magdalena do "Estudio de Psicoloxía Paradoxo", en colaboración co Grupo de Educación de Manaia.

Terá lugar no CEIP Vidal Portela (cole de Águeda), ás 11.30 (Pedimos puntualidade)

O obradoiro tratará sobre "O manexo das emocións". Traballarase arredor de emocións e sentimentos relacionados coa familia e o vínculo: recoñecendo as diferentes emocións, ensinándolles que é bo a expresión das mesmas e como facelo de xeito funcional; pero sin personalizar nin profundizar en casos concretos.

As actividades propostas serán fundamentalmente lúdicas, e faranse grupos de idades en función do número de nenas e nenos que acudan ó obradoiro.

Durante a sesión levaranse a cabo diferentes actividades tales como:

  • Proxección dunha curtametraxe.
  • Conversación grupal.
  • Diversas actividades plásticas e lúdicas.

Mentras as nenas e nenos están no obradoiro, haberá un cineforum para os pais e nais.

O xantar será ás 14,00 h. no mesmo colexio levando cada familia as súas viandas.

Despois do xantar, máis ou menos ás 17,00 h. pola tarde Nuria e Magdalena manterán unha charla coas familias sobre aqueles aspectos máis salientables que xurdiran no obradoiro. Haberá servicio de gardería para as nenas e nenos.

INFORMACIÓN DE INTERÉS:

Para poder organizalo necesitamos coñecer con antelación, o número de nenas e nenos e as idades .

A data límite para apuntarse será o día 28 de maio, enviando un correo a manaia@manaia.es

Saúdos,

A Xunta Directiva

22 Enero 2011 - Conferencia sobre “Adopción nacional especial en Galicia” a cargo de la Fundación Faibén

El SÁBADO 22 DE ENERO tendremos un nuevo encuentro con el siguiente programa:

  • 12:00 h. Conferencia sobre "Adopción nacional especial en Galicia" a cargo de Cristina Janeiro (trabajadora social) e Itos Lorenzo (psicóloga) ambas de la Fundación Faibén ("Fundación de Apoio a Infancia o Benestar"), entidad encargada del programa de adopciones especiales de la Xunta. La conferencia será en el Pazo da Cultura de Pontevedra y estará abierta a cualquier persona que desee asistir.

  • 14:00 h. Comida familiar en el mismo plan que últimamente. Es decir, cada familia lleva su comida y asistimos al pique de algunos por demostrar que su tortilla es la mejor.

  • 16:30 h. Asamblea anual de Manaia. Con el siguiente orden del día:

    1. Memoria de actividades
    2. Programación para 2011
    3. Cuentas de 2010
    4. Presupuesto para 2011
  • 19:00 h. Chocolatada. Para esto no hay que llevar nada. Se encarga Manaia.

INFORMACIÓN DE INTERÉS:

  • La comida y actividades de la tarde serán en el cole de Águeda.

  • Durante la conferencia y la asamblea habrá ludoteca a cargo de Anias Animación Sociocultural.

Saludos

La Junta Directiva

Siguenos en Facebook

¡Hazte Fan de Manaia!

















Las actividades de Manaia cuenta con el apoyo de

 

Noticias en la web de Manaia del año 2012 .... 2010 .... 2009 .... 2008 y 2007