Información sobre Obradoiro “Compartindo Experiencias” do próximo sábado 26

O sábado 26, de 10:00 a 14:00, na Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASAZUL de Pontevedra, organizamos este obradoiro para todas as persoas interesadas, socias ou non, que comezan neste duro, pero fermoso, camiño da adopción.

Tentaremos crear un espazo onde as familias que xa levamos un tempo neste eido poidamos contarvos as nosas experiencias e, sobre todo, contestar todas as preguntas que se vos ocorran, dende as máis sinxelas ata aquelas que non é doado facer en segundo que lugares. A través desa experiencia tentaremos tocar os temas que seguramente vos preocupan aportando toda a información da que dispoñemos.

A continuación un pequeno guión do que podemos falar:

  1. Por qué adoptar?
    • Motivacións
    • Expectativas
    • A realidade
  2. A quén adoptar?
    • Características dos nenos adoptables
    • Adopción Internacional
    • Adopción Nacional
    • Necesidades Especiais e nenos maiores
  3. Ónde adoptar?
    • Nacional
    • Países
    • Tempo de espera
    • A viaxe
  4. Chegou o día, e agora qué?
    • Integración familiar, social e escolar
  5. Os mitos da adopción

Para participar neste obradoiro so tendes que enviar un correo a manaia@manaia.es con estes datos:

  • Nomes de pila (non necesitamos máis, xa que a nosa intención é que vos sintades libres para dicir e preguntar o que queirades, sen sentirvos controlados e asegurándovos así que isto non chegará a ningún outro lugar)
  • Momento do proceso (con CI, sen CI, na espera...)
  • Tipo de adopción (Nacional, internacional, necesidades especiais...)
  • No caso de internacional indicar país ou paises polos que mostrades interese (por aquilo do xénero...)
  • Algunha cuestión que vos preocupe e/ou non vos atrevades a facer noutros eidos, para tentar levar a contestación...
  • Suxestións que queirades facer.

Saludos

A Xunta Directiva

Sábado 26 de Xaneiro - Obradoiro “Compartindo Experiencias” e Asamblea Xeral de Manaia

O vindeiro sábado 26 na CASAZUL de Pontevedra (rúa de Sor Lucía, 2 - 36002 Pontevedra) volveremos a reunirnos. O plan do día será o seguinte:

10:00.- Obradoiro “Compartindo Experiencias”: Pola mañá organizaremos unha reunión con familias, que estéan a comezar neste fermoso pero duro camiño da adopción coa fín de compartir experiencias e axudalas no que estea nas nosas mans.

14:00.- Para as familias que o desexen faremos o habitual Xantar/Picnic

16:00.- Asamblea Xeral deste ano coa intención de valorar as actividades do 2012, comentar as propostas para 2013 e facer o balance económico anual. Presentaremos tamén o novo Servizo de Orientación Familiar.

No horario da Asamblea contaremos con servizo de ludoteca. Para os menores de tres anos enviar un correo a manaia@manaia.es confirmando asistencia, co fin de contar con persoal adecuado.

Saludos

A Xunta Directiva

Sábado 15 de Decembro - Charla/Coloquio “Cómo inflúe o abandono no cerebro dos bebés que acaban de nacer: a mielina”

O SÁBADO 15 DE DECEMBRO ás 11:00 horas MANAIA organiza a charla/coloquio

“COMO INFLÚE O ABANDONO NO CEREBRO DOS BEBÉS QUE ACABAN DE NACER: A MIELINA”

a cargo de ROSA Mª FERNÁNDEZ GARCÍA, na Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASA AZUL de Pontevedra, (rúa de Sor Lucía, 2 - 36002 Pontevedra).

No pasado mes de setembro publicouse na revista Science o experimento definitivo que demostra os efectos do abandono no sistema nervioso dos bebés que veñen de nacer.

O experimento é aparentemente sinxelo, pero ao mesmo tempo, definitivo. O illamento social, o abandono, provocan danos neuronais no cerebro do neno que marcarán a súa aprendizaxe futura, na etapa adulta, debido á perda de mielina. Na conferencia trátase de explicar o experimento realizado polo equipo de Gabriel Corfas, e algunhas nocións básicas que nos permitan entender os resultados da investigación.

Resumindo poderiamos dicir que é urxente e necesario aumentar a especialización dos profesionais (psiquiatras, psicólogos, pediatras, profesores e mestres) que atenden as nenas e nenos adoptados, de modo que coñezan os efectos da deprivación temperá no cerebro dos bebés que veñen de nacer.

ROSA Mª FERNÁNDEZ GARCÍA - Doutora en Bioloxía é Profesora Titular de Universidade da Coruña no Departamento de Psicoloxía (Área Psicobioloxía), é nai adoptiva de tres nenos de orixe congoleña. Autora do blogue: “Intimidades de la post-adopción”

Entrada de balde

Durante o acto haberá servizo de ludoteca, para os menores de tres anos enviar un correo a manaia@manaia.es confirmando asistencia, co fin de contar con persoal adecuado.

O programa do día será o seguinte

11:00.- Presentación do despacho de MANAIA na CASA AZUL.

12:00.- Charla/Coloquio “Cómo inflúe o abandono no cerebro dos bebés que acaban de nacer: a mielina”

SÓ PARA SOCIOS/AS

14:30.- Coma vén sendo habitual, faremos un xantar/picnic na propia CASAZUL, onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar.

16:30.- Gran Festa Infantil de FIN DE ANO. Cotillón, baile e festa rachada...

19:30.- Fin de festa.

Coma sempre tódolos socios poderán convidar a quen queira coñecernos...

Ese mesmo día faremos unha RECOLLIDA DE XOGUETES, LIBROS E XOGOS, algúns quedaran no despacho de MANAIA e outros os doaremos á CASAZUL.

ATENCIÓN: Ha habido un cambio no horario, a presentación do despacho de Manaia será as 11:00 e a charla pásase as 12

Saludos

La Junta Directiva

Sábado 2 de Xuño - Charla/Coloquio “Adopción: As tres miradas”

O próximo SÁBADO 2 DE XUÑO ÁS 11:30 horas no salón de actos da Parroquia Cristo da Victoria (Rúa Baiona, 9) en Vigo Manaia organiza una charla/coloquio a a cargo de Iolanda Serrano Ávila, Chus Villegas e Catalina Ávila Baena

“Qué nos leva a adoptar? Qué leva a unha nai a entregar o seu fillo en adopción? Qué pensan disto os adoptados?”

Ainda que dende MANAIA sabemos que estas cuestións teñen miles de respostas, tantas coma persoas nesas situacións hai no mundo, organizamos esta charla coa fin de darlle voz ás tres partes implicadas nunha adopción, o que se deu en chamar o triangulo adoptivo, non para ter unha resposta clara e concisa senón coa sana intención de tratar de entender o que ocorre detrás de tres historias concretas, indudablemente persoais e intrasferibles, sen xulgar e cunha mirada limpa de estereotipos.

IOLANDA SERRANO ÁVILA - Adoptada. Vicepresidenta de LA VOZ DE LOS ADOPTADOS. Vogal do Comité Executivo de CORA, Coord. de Asociacións en Defensa da Adopción e o Acollemento. Sicopedagoga. Iolanda atopou a sua familia de orixe e mantén contacto con ela.

CHUS VILLEGAS - Nai dun neno dado en adopción en 1971.

CATALINA ÁVILA BAENA - Nai adoptiva dende 1977. Ama de casa. "Visionaria, adiantada ao seu tempo, sensible á realidade adoptiva, e con moito sentido común e unha gran empatía" segundo palabras da sua filla Iolanda.

A entrada será de balde. Durante o acto haberá servizo de ludoteca.

Ao remate da charla, como ven sendo habitual, os socios da asociación faremos un Xantar/Picnic, no mesmo local da charla, onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar. Despois de repoñer forzas teremos un obradoiro para pais e nais onde poderemos poñer sobre a mesa as nosas inquedanzas e dúbidas contando coas nosas tres convidadas coma moderadoras. Na tarde tamén teremos unha pequena charla para os nenos e nenas de MANAIA, 20 minútos, a cargo de Iolanda, a asistencia a esta charla é optativa e recomendamos que so asistan os nenos e nenas que os pais consideredes que están preparados para escoitar a historia dunha adoptada maior.

O obradoiro da tarde e só para socios de Manaia

Saúdos

A Xunta Directiva

CARTA ABIERTA A LAS ASOCIACIONES ANADIR (Asociación Nacional de Afectados por Adopciones Irregulares), SOS BEBES ROBADOS, ADOPTADOS.ORG E HIJOSROBADOS.ORG

Dadas las constantes intervenciones en prensa y television sobre este tema, desde Manaia apoyamos el comunicado realizado por CORA y lo asumimos como propio.

Basado en la Carta abierta redactada por la Asociación ATLAS en enero de 2012 dirigida a las asociaciones ANADIR, SOS. Bebés robados, Adoptados.org e Hijosrobados.org

Pamplona a 7 de mayo de 2012

Estimados amigos,

Nos ponemos en contacto con vosotros con intención de llamar vuestra atención mostrando nuestra inquietud sobre noticias y declaraciones en prensa que pudieran llevar a erróneas interpretaciones.

Damos por supuesto que conocéis la trayectoria de la de la Coordinadora de Asociaciones en Defensa de la Adopción y el Acogimiento, CORA, y de las asociaciones que la componen; somos padres y madres adoptivos y personas adoptadas que luchamos, desde hace 12 años, por que nuestra opción de paternidad sea simplemente una opción. Aprendemos cada día de nuestras propias experiencias y todo nuestro interés es el mejor desarrollo de nuestros hijos e hijas. No es preciso extenderse mucho más.

En CORA, y específicamente en las asociaciones que la componen, procuramos informarnos y formarnos entendiendo las necesidades de nuestros hijos e hijas y apoyándolos siempre. Fomentamos la actuación de profesionales especializados que nos ayuden en la especificidad del hecho adoptivo. Reivindicamos ante las administraciones públicas las mjoras necesarias para que los menores adoptados cuenten con las herramientas apropiadas para una óptima integración en la familia, en la escuela y en la sociedad.

El fenómeno de la adopción (entendida como hoy la entendemos) es relativamente reciente en nuestro país. Consecuencia de ello es que es ahora cuando comienzan los menores a plantear “la búsqueda de sus orígenes”. Nosotros debemos estar ahí para acompañar, aconsejar y entender que muchos necesitan saber más. Las asociaciones de familias nos estamos aplicando organizando charlas y talleres sobre el asunto para estar mejor capacitados para esa búsqueda.

La relación que nosotros mantenemos con nuestros hijos e hijas adoptivos es una relación paterno-filial como cualquier otra, con la característica del sufrimiento y las carencias que nuestros hijos han padecido en otro momento de su vida. Nosotros somos sus padres y madres; no hay más.

Consideramos escandalosos los casos de robos y secuestros de bebés denunciados y entendemos perfectamente la angustia de de quienes han de vivir semejantes circunstancias. Alabamos la lucha que vuestras asociaciones están llevando a cabo por destapar a quienes de manera mafiosa truncaron familias secuestrando personas. Y reconocemos la ayuda que proporcionáis a cuantos puedan necesitarlo.

Últimamente hemos detectado que nuestros pequeños se ponen muy inquietos no sabiendo cómo reaccionar cuando escuchan en los medios de comunicación noticias que vinculan incorrectamente adopción con robo de bebés. Queremos pensar que la preparación de sus padres sería suficiente para detectar esa señal e intervenir explicando inmediatamente que las adopciones de los niños/as actualmente nada tiene que ver con esos lamentables casos. Pero sabemos que no siempre se dispone de esa preparación y los menores dudan y sufren por una nueva incógnita en su vida.

Cuando los medios de comunicación relacionan el robo de bebés con adopciones, algunos de nuestros hijos llegan a “identificar” su adopción con el rapto de bebés y consecuentemente la incertidumbre y angustia sobre si su adopción lo fue realmente. Pero la adopción no es un robo. Ni el secuestro de un menor termina nunca en adopción; tan solo es tráfico de personas, engaños y sufrimiento.

O cuando se habla de “la búsqueda de nuestros padres”, lo que pueden entender los menores es ¿a quién he de buscar yo?, ¿no tengo padres?, ¿Quiénes son, entonces, mis padres verdaderos?. La búsqueda de orígenes, lo sabéis bien, es una necesidad que algunos experimentan y nosotros, como padres y madres, reitero, queremos pensar que podemos ayudar a encontrar respuestas sin traumas.

Afortunadamente, en la actualidad, las cosas son distintas a lo que padecisteis. Nos esforzamos en explicar la adopción y la diversidad familiar a todos los ámbitos de la sociedad. Por eso pensamos que entendéis la conveniencia de llamar a las cosas por su nombre, a separar el concepto de la adopción de cualquier acción delictiva.

Nuestra petición seguramente encuentre una dificultad: sabemos que el lenguaje periodístico gusta de buscar notoriedad cuando no sensacionalismo. Por eso os sugerimos que nos ayudéis con nuestro propósito de explicar lo que es la adopción, la verdadera adopción, desligándola de compra-venta de personas, secuestros o robos y difundáis según vuestras posibilidades esta sugerencia en los ámbitos que corresponda.

Reitero nuestro apoyo en vuestra batalla, para llevar a los culpables de semejantes delitos ante los tribunales, pero también os solicitamos ayuda en la protección de la imagen de nuestras familias, y la evitación de daños innecesarios a nuestros hijos.

En el ánimo de haber explicado nuestra inquietud y confiando en vuestra comprensión, recibid un afectuoso saludo.

Fdo. Adolfo García Garaikoetxea. Coordinador General de CORA

Venres 20 e sábado 21 de Abril - Charla/Coloquio “As familias adoptivas como titoras de resiliencia”

Os próximos VENRES 20 e SÁBADO 21 DE ABRIL MANAIA organiza a charla/coloquio “AS FAMILIAS ADOPTIVAS COMA TITORAS DE RESILIENCIA”, a cargo de JOSÉ LUIS GONZALO MARRODÁN.

A charla do venres será en A Coruña ás 20:00 no Salón de Actos do Colexio Salesiano (Praza de María Auxiliadora, 15003 A Coruña). O sábado será en Pontevedra ás 11:30 no Liceo Casino de Pontevedra (Rúa Manuel Quiroga, 21).

Que é a resiliencia?, Que é un titor de resiliencia?, Somos as familias adoptivas titoras de resiliencia?, Pautas para ser unha familia adoptiva titora de resiliencia das súas fillas e fillos.

Estas e outras cuestións serán abordadas por José Luis, que tamén fará a presentación do libro: “¿Todo niño viene con un pan bajo el brazo? Guía para padres adoptivos con hijos con trastornos apego”, Editorial Desclée de Brouwer. Bilbao, 2011

JOSÉ LUIS GONZALO MARRODAN – Psicólogo en exercicio na práctica privada desde o ano 1994. Psicoterapeuta infantil e de adultos pola Federación Europea de Asociacións de Psicólogos (FEAP). Formado en psicoterapia infantil e adolescentes polo Instituto de Formación e Investigación sobre a Violencia (IFIV), en Barcelona. Actualmente recibindo formación en EMDR (nivel I).

Traballou durante 12 anos como psicoterapeuta infantil con menores en situación de desprotección para a Deputación Foral de Gipuzkoa. Desde fai seis anos, centrouse no tratamento psicoterapéutico de nenos, adolescentes e adultos adoptados desde o modelo da teoría do apego e do trauma.

Imparte cursos, talleres e seminarios a profesionais e familias sobre a importancia do apego e as influencias das contornas desprotectores na mente en desenvolvemento dos nenos. Participou -e colabora na actualidade- como formador de psicoterapeutas en distintos centros e institucións privados.

Autor do libro “Guía para el apoyo educativo de niños con trastornos de apego” e coautor do libro “¿Todo niño viene con un pan bajo el brazo? Guía para padres adoptivos con hijos con trastornos apego”. Autor tamén do blog: “Buenos tratos”

Contaremos con servizo de ludoteca. A entrada será de balde

SÓ PARA SOCIOS

Ao remate da charla en Pontevedra, como ven sendo habitual, faremos un Xantar/Picnic no CEIP Manuel Vidal Portela (Avda. Buenos Aires s/n, Pontevedra), (lembrade que alí temos aparcadoiro) onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar. Despois de repoñer forzas teremos un obradoiro para pais e nais onde poderemos poñer sobre a mesa as nosas inquedanzas e dúbidas contando con José Luis Gonzalo Marrodán coma moderador para axudarnos a atopar solucións.

Saludos

La Junta Directiva

Sábado 10 de Marzo - Charla/coloquio REPENSANDO A ADOPCIÓN

Os próximos venres e sábado 9 e 10 de marzo Manaia organiza a charla/coloquio “REPENSANDO A ADOPCIÓN”, nas cidades de A Coruña e Vigom respectivamente. A charla será a cargo de BEATRIZ SAN ROMÁN

A charla do venres será en A Coruña ás 20:00 no Salón de Actos da Fundación Paideia (Praza de María Pita, 17). Por motivos de espazo nesta ocasión non contaremos con servizo de ludoteca.

A charla do sábado será en Vigo ás 11:30 no Salón de Actos da Parroquia Cristo da Victoria (Rúa Baiona, 9).

BEATRIZ SAN ROMÁN – Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Madrid, o seu traballo estivo sempre relacionado coa investigación e divulgación sobre temas relacionados coa comunicación e asuntos sociais.

Na última década, interesouse especialmente pola adopción e a protección da infancia. Desde 2005 é membro do equipo da investigación que desenrolou o proxecto “A integración familiar e social dos menores adoptados internacionalmente. Perspectivas interdisciplinarias e comparativas” SEJ2006-15286 (Xaneiro 2007 - Decembro 2009), financiada polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

É membro do comité executivo de CORA e do Grupo AFIN (Adopcións, Familias, Infancias).

É autora dos libros “La aventura de convertirse en familia. Guía de la adopción” e “Adopción y escuela. Guía para educadores y familias”, así como do blog sobre a actualidade do mundo da adopción "La aventura continúa" e a web Postadopción.org

SÓ PARA SOCIOS

Despois faremos un Xantar/Picnic, no mesmo local da charla, onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ven levar.

E despois teremos un obradoiro para pais onde poderemos poñer sobre a mesa as nosas inquedanzas e dúbidas contando con Beatriz San Román coma moderadora para axudarnos a atopar solucions.

Información de interés:

  • Na charla de A Coruña (venres pola tarde) por cuestiones de espazo NON haberá servizo de ludoteca
  • Para a charla en Vigo (sábado pola mañá) SI contaremos con servizo de ludoteca.

Saludos

La Junta Directiva

Sábado 28 de Enero - Asamblea General de Manaia

Estimados socios

El próximo sábado 28 de enero a las 16,00 h. en primera convocatoria y a las 16,30 h. en segunda, celebraremos la asamblea general ordinaria y extraordinaria de Manaia en el CEIP Manuel Vidal Portela (Avda. Buenos Aires s/n, Pontevedra) con el siguiente orden del día:

  • Elección de presidente y junta directiva para el período 2012-2014
  • Examen y aprobación de cuentas del ejercicio 2011
  • Aprobación presupuesto 2012
  • Cuotas de socios para el ejercicio 2012
  • Memoria de actividades 2011 y propuesta para 2012

Información de interés:

  • Hasta la fecha sólo existe una candidatura a la Presidencia en la persona de Bea Caamaño. Podéis presentar otras candidaturas hasta el comienzo de la asamblea.
  • Cambio del domicilio social de Manaia. Sepropone el cambio al domicilio de la empresa de Crisanto: Rosalía de Castro, 5 - Baixo. Barrantes. Ribadumia. 36636
  • A las 14,00 h. comeremos en el cole según la costumbre: llevando cada familia sus viandas.

Saludos

La Junta Directiva

Siguenos en Facebook

¡Hazte Fan de Manaia!

















Las actividades de Manaia cuenta con el apoyo de

 

Noticias en la web de Manaia del año 2011 .... 2010 .... 2009 .... 2008 y 2007