Estamos rediseñando a web (tende paciencia .... :-)). Para acceder á área de membros da web anterior prema eiquí

PONTEVEDRA – Posta en marcha do “Programa de acompañamento familiar en adopción”

Prezadas persoas socias,

o vindeiro MÉRCORES 25 de xaneiro estaremos en PONTEVEDRA coa fin de presentarvos o “Programa de acompañamento familiar en adopción” e comezar a crear os grupos de apoio e a escola de familias. Emplazámosvos para que veñades a dar a vosa opinión e así poder adecuar os temas e as propostas as vosas necesidades.

DATA: 25/01/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Leer mais …

LUGO – Posta en marcha do “Programa de acompañamento familiar en adopción”

Prezadas persoas socias,

o vindeiro MARTES 24 de xaneiro estaremos en Lugo coa fin de presentarvos o “Programa de acompañamento familiar en adopción” e comezar a crear os grupos de apoio e a escola de familias. Emplazámosvos para que veñades a dar a vosa opinión e así poder adecuar os temas e as propostas as vosas necesidades.

DATA: 24/01/17
HORA: 17:00 – 19:00

LUGAR: Centro Municipal Uxío Novoneyra: Obradoiro D. Quiroga Ballesteros Nº 1

Leer mais …

26 de novembro. Charla/Coloquio “Nenas, nenos e adolescentes ante a perda dun ser querido, cómo lles falamos da morte?”

O SÁBADO 26 DE NOVEMBRO ás 11:30 horas MANAIA organiza a charla/coloquio NENAS, NENOS E ADOLESCENTES ANTE A PERDA DUN SER QUERIDO, COMOLLES FALAMOS DA MORTE?”, a cargo de Pilar Rey Suárez, na Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASAZUL de Pontevedra, (rúa de Sor Lucía, 2).

Nesta charla Pilar axudaranos a coñecer como se comporta o neno/a ante o sufrimento e orientará aos pais/nais no adecuado manexo destas difíciles situacións.

Compartirá connosco a súa experiencia para axudarnos a:

  • comprender as dinámicas recurrentes
  • coñecer as careacterísticas máis importantes do duelo dos nenos
  • aprender recursos comunicacionales e actitudinales para previr o sufrimento nos nenos e para acompañarlles na elaboración da dor pola perda dun ser querido

Leer mais …

Sentenza do caso do menor asturiano adoptado en Sueca (Valencia)

Despois de analizar as diferentes comunicacións sobre o caso do menor asturiano adoptado en Valencia, cheas de imprecisións nos datos e termos utilizados ó que está a convertilo nun “circo” mediático, soamente nos queda enviarvos a sentencia xudicial e o comunicado posterior do Tribunal Superior de Justicia de Asturias, sempre ca idea de que a información que ofrecemos sexa o máis verídica posible.

Leer mais …

Charla/Coloquio “A escola tropeza coa adopción”

O SÁBADO 8 DE XUÑO ás 12:00 horas MANAIA organiza a charla/coloquio “A ESCOLA TROPEZA COA ADOPCIÓN”, a cargo de MARGARITA MUÑIZ AGUILAR, na Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASAZUL de Pontevedra, (rúa de Sor Lucía, 2 – 36002 Pontevedra).

Na súa edición do 4 de Maio de 2008 o diario EL País publicou un interesante artigo titulado “A adopción tropeza na escola”. No subtítulo indicábase que a metade dos adoptados tiñan problemas de aprendizaxe. Pasaron cinco anos desde a publicación deste artigo, e máis de quince desde que se iniciaron en España as primeiras adopcións internacionais. Neste tempo diferentes asociacións e entidades relacionadas co mundo da adopción publicaron distintas Guías Educativas dirixidas ao profesorado, coa intención de dar a coñecer as claves e as posibles solucións ao problema. Con todo, pouco ou nada se fixo desde as distintas administracións para implementar os cambios suxeridos e as estratexias recomendadas. Quizais, por isto, habería que suscitarse que máis ben é a escola a que tropeza coa adopción, porque estes nenos non aprenden ao ritmo desexado non porque non queren, senón porque non poden.

Leer mais …