Estamos rediseñando a web (tende paciencia .... :-)). Para acceder á área de membros da web anterior prema eiquí

18 de Maio – Santiago – Obradoiro: Achegarse ao teu fillo/a adoptao/a II

Continuamos cas actividades do “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Santiago cunha sesión máis do obradoiro a cargo de Magdalena Otero, sicóloga de Paradoxo, sobre:

“Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a II”

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
• Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado.
• Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes.
• Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes.

DATA: 18/05/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

9 de Maio – A Coruña – Charla/coloquio “Os medos na adopción”

Prezadas persoas socias,
continuamos cas actividades do “Programa de acompañamento familiar en adopción” en A Coruña cun coloquio sobre:
– Os “medos” na adopción
Nesta actividade tentaremos poñer en común as nosas inquedanzas sobre o tema e coñecer cales son as propostas e estratexias de superación que as familias estamos a utilizar no noso día a día.

DATA: 09/05/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR:
Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

4 de Maio – Pontevedra – Charla/coloquio “Os medos na adopción”

Prezadas persoas socias,
continuamos cas actividades do “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Pontevedra cun coloquio sobre:
– Os “medos” na adopción
Nesta actividade tentaremos poñer en común as nosas inquedanzas sobre o tema e coñecer cales son as propostas e estratexias de superación que as familias estamos a utilizar no noso día a día.

DATA: 04/05/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR:
Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

2 de Maio – Ourense – Obradoiro “Adolescencia, adopción e comunicación”

Prezadas persoas socias,

continuamos cas actividades do “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Ourense cun obradoiro a cargo de Ana Sieiro, sicóloga de Achega, sobre:

– Adolescencia, adopción e comunicación
 

A adolescencia é unha oportunidade para acompañar aos rapaces e rapazas nun dos momentos máis interesantes da súa vida. É un momento de despertar á conformación da persoa adulta e absolutamente diferenciada en que se convertirá o noso fillo ou filla.
Falaremos tamén sobre a importancia dese despertar á concepción que supón o feito de ser persoa adoptada, e como un cerebro adolescente é quen de integrar esa parte da súa identidade e cales son os riscos que como familias debemos ter en conta.
A comunicación é outro dos aspectos fundamentais á hora de relacionarnos cos nosos fillos ou fillas adolescentes, e equilibrar a balanza autonomía e responsabilidade un dos retos máis importantes de conseguir.


DATA: 02/05/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte
. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

27 de Abril – Ferrol – Charla/coloquio “Os medos na adopción”

seguimos cas actividades do “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Ferrol cun coloquio sobre:

– Os “medos” na adopción

Nesta actividade tentaremos poñer en común as nosas inquedanzas sobre o tema e coñecer cales son as propostas e estratexias de superación que as familias estamos a utilizar no noso día a día.

DATA: 27/04/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Centro Cívico de Canido. Poeta Pérez Paralle, s/n – 15401

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …