Estamos rediseñando a web (tende paciencia .... :-)). Para acceder á área de membros da web anterior prema eiquí

2 de Novembro – Pontevedra – Obradoiro “Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a” (3 de 3)

Continuamos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Pontevedra ca terceira parte, de tres, do obradoiro a cargo de Magdalena Otero, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:

  • Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado
  • Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes
  • Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes.

DATA: 02/11/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

28 de Outubro – Santiago – Charla/Coloquio “A reparación psiconeurobiolóxica do apego en nenas/os adoptadas/os a través de relacións significativas”

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do “Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas” que terá lugar no Centro Sociocultural José Saramago de VITE en Santiago de Compostela o vIndeiro sábado 28 de octubro co título:

A reparación psiconeurobiolóxica do apego en nenas/os adoptadas/os a través de relacións significativas

Teremos unha charla / coloquio pola maña e despois de comer (levaremos a comida de casa e comeremos alí) faremos un taller.

Leer mais …

26 de Outubro – Ferrol – Cinefórum

Seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Ferrol cun CineForum, onde veremos un documental sobre adopción.

A data e o lugar son os seguintes

DATA: 26/10/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Centro Cívico de Canido. Poeta Pérez Paralle, s/n – 15401

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

18 de Outubro – Santiago – Taller “Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o

Seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Santiago ca segunda sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo do psicólogo Eduardo Barca sobre:

– Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o

2º sesión. Presente: As capacidades, as potencionalidades e as limitacións da nena ou neno

  • Identificando os recursos e as estratexias
  • Potenciando novas habilidades
  • Manexando as limitacións e dificultades

DATA: 18/10/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

Leer mais …