Estamos rediseñando a web (tende paciencia .... :-)). Para acceder á área de membros da web anterior prema eiquí

20 de Abril – Santiago – Obradoiro “Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a”

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
  • Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado
  • Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes
  • Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes

DATA: 20/04/17
HORA: 17:00 – 19:30

LUGAR: 
 CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL.  Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

Leer mais …

Pontevedra – 2 de Marzo – 2ª Actividade do “Programa de acompañamento familiar en adopción” : Cineforum

Prezadas persoas socias, seguimos cas actividades do  “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Pontevedra cun CineForum, onde veremos e comentaremos un documental DATA: 02/03/17 HORA: 17:30 – 20:00 LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra Coma sempre podedes convidar a quen queirades. ESPERÁMOSVOS!!!! Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo … Leer mais …

Ferrol (Narón) – 23 de Febrero – Actividade do “Programa de acompañamento familiar en adopción” : Cineforum

Prezadas persoas socias, comezamos cas actividades do “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Ferrol cun CineForum, onde veremos e comentaremos un documental DATA: 23/02/17 HORA: 17:00 – 19:30 LUGAR: Centro Comunitario “Manuela Pérez Sequeiros”. Rúa María Casares, s/n. Narón Coma sempre podedes convidar a quen queirades. ESPERÁMOSVOS!!!! Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde … Leer mais …