Estamos rediseñando a web (tende paciencia .... :-)). Para acceder á área de membros da web anterior prema eiquí

19 de Setembro – Lugo – Coloquio “Os medos na adopción”

Seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Lugo cun coloquio sobre:

– Os “medos” na adopción

DATA: 19/09/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

15 e 16 de setembro – 2º Congreso Galego de Adopción

2º Congreso Galego de Adopción

Despois dun primeiro Congreso, que consideramos foi un éxito, cumprimos a nosa promesa de facelo bianual e, ainda que un pouco máis tarde do desexado, voltamos con forzas renovadas para organizar este 2º Congreso Galego de Adopción.

En MANAIA seguimos pensando que a mellor maneira de axudar ás nosas nenas e nenos, presentes e futuros, segue a ser o compromiso coa información veraz e a formación de calidade para todas as persoas que, nalgunha medida, nos enfrontamos ao reto de ofrecerlles un mundo mellor.

Terá lugar en Pontevedra o 15 e 16 de setembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O domingo 17 faremos unha xuntanza familiar no CEIP Vidal Portela, con cine, obradoiros, xantar/picnic… non o perdades.

Esperamos que sexa do voso agrado e pedímosvos que, amáis de inscribirvos, lle dedes toda a difusión posible.

Tendes toda a información na páxina web e no facebook do congreso.

Leer mais …

14 de Febrero – Vigo – Obradoiro “Adolescencia, adopción e comunicación”

Seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Vigo cun obradoiro a cargo de Ana Sieiro, sicóloga de Achega, sobre:

– “Adolescencia, adopción e comunicación”

A adolescencia é unha oportunidade para acompañar aos rapaces e rapazas nun dos momentos máis interesantes da súa vida. É un momento de despertar á conformación da persoa adulta e absolutamente diferenciada en que se convertirá o noso fillo ou filla.

Falaremos tamén sobre a importancia dese despertar á concepción que supón o feito de ser persoa adoptada, e como un cerebro adolescente é quen de integrar esa parte da súa identidade e cales son os riscos que como familias debemos ter en conta.

A comunicación é outro dos aspectos fundamentais á hora de relacionarnos cos nosos fillos ou fillas adolescentes, e equilibrar a balanza autonomía e responsabilidade un dos retos máis importantes de conseguir.

DATA: 14/09/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Oficina 7. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

7 de Setembro – Pontevedra – “Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a”

Continuamos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Pontevedra ca primeira parte, de tres, do obradoiro a cargo de Magdalena Otero, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
• Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado.
• Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes.
• Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes.

DATA: 07/09/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …