Estamos rediseñando a web (tende paciencia .... :-)). Para acceder á área de membros da web anterior prema eiquí

29 de abril – Ferrol – Charla/Coloquio: “ADOPCIÓN, RAZA, ETNICIDADE E ORÍXES: ENREDOS BIOCULTURAIS” con Beatriz San Román

Prezadas persoas socias,

Temos o pracer de presentarvos a segunda actividade de sábado do “xornada do programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas” que terá lugar no Centro Cívico de Canido en Ferrol o vIndeiro sábado 29 de abril co título:

Adopción, raza, etnicidade e oríxes: enredos bioculturais

A cargo de BEATRIZ SAN ROMÁN
Doutora en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona e profesora da mesma universidade. É autora dos libros “Adopción y escuela” e “La aventura de convertirse en familia”. É membro do Grupo de Investigación AFIN desde a súa fundación. Actualmente, é coordinadora dos servizos de atención familiar e formación de profesionais do Centro AFIN.

Leer mais …

20 de Abril – Santiago – Obradoiro “Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a”

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
  • Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado
  • Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes
  • Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes

DATA: 20/04/17
HORA: 17:00 – 19:30

LUGAR: 
 CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL.  Rúa Manuel María, nº 6

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

Leer mais …

Pontevedra – 2 de Marzo – 2ª Actividade do “Programa de acompañamento familiar en adopción” : Cineforum

Prezadas persoas socias, seguimos cas actividades do  “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Pontevedra cun CineForum, onde veremos e comentaremos un documental DATA: 02/03/17 HORA: 17:30 – 20:00 LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra Coma sempre podedes convidar a quen queirades. ESPERÁMOSVOS!!!! Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo … Leer mais …