DATA: 04/05/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra
2 de Maio – Ourense – Obradoiro “Adolescencia, adopción e comunicación”
continuamos cas actividades do “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Ourense cun obradoiro a cargo de Ana Sieiro, sicóloga de Achega, sobre:

A adolescencia é unha oportunidade para acompañar aos rapaces e rapazas nun dos momentos máis interesantes da súa vida. É un momento de despertar á conformación da persoa adulta e absolutamente diferenciada en que se convertirá o noso fillo ou filla.
Falaremos tamén sobre a importancia dese despertar á concepción que supón o feito de ser persoa adoptada, e como un cerebro adolescente é quen de integrar esa parte da súa identidade e cales son os riscos que como familias debemos ter en conta.
A comunicación é outro dos aspectos fundamentais á hora de relacionarnos cos nosos fillos ou fillas adolescentes, e equilibrar a balanza autonomía e responsabilidade un dos retos máis importantes de conseguir.
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
27 de Abril – Ferrol – Charla/coloquio “Os medos na adopción”
seguimos cas actividades do “Programa de acompañamento familiar en adopción” en Ferrol cun coloquio sobre:
– Os “medos” na adopción
Nesta actividade tentaremos poñer en común as nosas inquedanzas sobre o tema e coñecer cales son as propostas e estratexias de superación que as familias estamos a utilizar no noso día a día.
DATA: 27/04/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Centro Cívico de Canido. Poeta Pérez Paralle, s/n – 15401
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
29 de abril – Ferrol – Charla/Coloquio: “ADOPCIÓN, RAZA, ETNICIDADE E ORÍXES: ENREDOS BIOCULTURAIS” con Beatriz San Román
Prezadas persoas socias,
Temos o pracer de presentarvos a segunda actividade de sábado do “xornada do programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas” que terá lugar no Centro Cívico de Canido en Ferrol o vIndeiro sábado 29 de abril co título:
Adopción, raza, etnicidade e oríxes: enredos bioculturais
A cargo de BEATRIZ SAN ROMÁN
Doutora en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona e profesora da mesma universidade. É autora dos libros “Adopción y escuela” e “La aventura de convertirse en familia”. É membro do Grupo de Investigación AFIN desde a súa fundación. Actualmente, é coordinadora dos servizos de atención familiar e formación de profesionais do Centro AFIN.
20 de Abril – Santiago – Obradoiro “Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a”
- Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado
- Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes
- Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes
DATA: 20/04/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: CASA DAS ASOCIACIÓNS DE BENESTAR SOCIAL. Rúa Manuel María, nº 6
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.