o vindeiro MÉRCORES 25 de xaneiro estaremos en PONTEVEDRA coa fin de presentarvos o «Programa de acompañamento familiar en adopción» e comezar a crear os grupos de apoio e a escola de familias. Emplazámosvos para que veñades a dar a vosa opinión e así poder adecuar os temas e as propostas as vosas necesidades.
DATA: 25/01/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra
o vindeiro MARTES 24 de xaneiro estaremos en Lugo coa fin de presentarvos o «Programa de acompañamento familiar en adopción» e comezar a crear os grupos de apoio e a escola de familias. Emplazámosvos para que veñades a dar a vosa opinión e así poder adecuar os temas e as propostas as vosas necesidades.
DATA: 24/01/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro Municipal Uxío Novoneyra: Obradoiro D. Quiroga Ballesteros Nº 1
O SÁBADO 26 DE NOVEMBRO ás 11:30 horasMANAIA organiza a charla/coloquio “NENAS, NENOS E ADOLESCENTESANTE A PERDADUNSERQUERIDO, COMOLLESFALAMOS DA MORTE?”, a cargo de Pilar Rey Suárez, na Sala Valdecorvos, no 2º andar da CASAZUL de Pontevedra, (rúa de Sor Lucía, 2).
Nesta charla Pilar axudaranos a coñecer como se comporta o neno/a ante o sufrimento e orientará aos pais/nais no adecuado manexo destas difíciles situacións.
Compartirá connosco a súa experiencia para axudarnos a:
comprender as dinámicas recurrentes
coñecer as careacterísticas máis importantes do duelo dos nenos
aprender recursos comunicacionales e actitudinales para previr o sufrimento nos nenos e para acompañarlles na elaboración da dor pola perda dun ser querido
Despois de analizar as diferentes comunicacións sobre o caso do menor asturiano adoptado en Valencia, cheas de imprecisións nos datos e termos utilizados ó que está a convertilo nun “circo” mediático, soamente nos queda enviarvos a sentencia xudicial e o comunicado posterior do Tribunal Superior de Justicia de Asturias, sempre ca idea de que a información que ofrecemos sexa o máis verídica posible.
Na súa edición do 4 de Maio de 2008 o diario EL País publicou un interesante artigo titulado «A adopción tropeza na escola». No subtítulo indicábase que a metade dos adoptados tiñan problemas de aprendizaxe. Pasaron cinco anos desde a publicación deste artigo, e máis de quince desde que se iniciaron en España as primeiras adopcións internacionais. Neste tempo diferentes asociacións e entidades relacionadas co mundo da adopción publicaron distintas Guías Educativas dirixidas ao profesorado, coa intención de dar a coñecer as claves e as posibles solucións ao problema. Con todo, pouco ou nada se fixo desde as distintas administracións para implementar os cambios suxeridos e as estratexias recomendadas. Quizais, por isto, habería que suscitarse que máis ben é a escola a que tropeza coa adopción, porque estes nenos non aprenden ao ritmo desexado non porque non queren, senón porque non poden.