MANAIA, asociación galega de adopción e acollemento, xorde co obxectivo de ser un punto de encontro próximo, de opinión, información e apoio para todas aquelas persoas que teñan realizado ou estén emprendendo o camiño da adopción e o acollemento dende Galicia. Polo tanto, en MANAIA teñen oco tanto as familias que se ofrecen para adoptar ou acoller coma as que xa adoptaron ou acolleron así coma calquera otra persoa que teña sensibilidade cara a adopción ou acollemento. Tamén ten como propósito promover a convivencia das nenas e nenos adoptadas e acollidas e as súas familias.
Quen forma MANAIA?
Basicamente familias que optamos pola adopción ou o acollemento coma proxecto familiar. Entre nos atópanse familias en tódolos momentos do proceso: comenzando, en espera de asignación, asignados en espera do encontro, recén chegados e familias con nenos xa adolescentes, e por suposto, en tódalas súas variables: Adopción Internacional, Adopción Nacional, Necesidades Especiais, Acollemento familiar e, como non, fillos non adoptados ou acollidos.
Cales son os nosos obxectivos?
- Ofrecer ás familias un lugar de encontro, facilitando o contacto entre elas, onde poder expresarse en liberdade, sen prexuízos sin xuízos de valor.
- Facilitar ás familias todo tipo de información, formación, apoio e asesoramento sobre os procesos adoptivos e de acollemento, independentemente do momento do proceso no que se atopen.
- Organizar charlas, coloquios, obradoiros e todo tipo de actividades coa fin de mellorar a formación das familias adoptivas e acolledoras, tentando acadar as ferramentass necesarias para afrontarse as especifidades das nenas, nenos e adolescentes.
- Traballar na mellora dos procesos de adopción e acollemento en todas as súas fases.
- Contribuír a que se transmita á sociedade, desde tódolos ámbitos, unha imaxe correcta e real da adopción e o acollemento e as súas características.
- Promover a convivencia das nenas, nenos e adolescentes adoptados ou acollidos, buscando os puntos comúns e tentando normalizar a súa condición.
- Atender ás necesidades específicas das nenas, nenos e adolescentes adoptados ou acollidos o longo de toda a súa vida.
- Promover a formación específica de tódolos axentes que interveñen tanto nos procesos de adopción e acollemento coma no desenrolo da vida das persoas adoptadas ou acollidas (técnicos das administracións, profesionais da medicina en todos os seus campos, educadores de todas as etapas…)
- Colaborar coas administracións públicas para mellorar os procesos de adopción e acollemento.
Cales son as nosas actividades?
- Servizo de información acerca dos procesos de adopción e acollemento
- Apoio durante todo o proceso de adopción ou acollemento, tanto pre coma post
- Organiación de charlas, coloquios, obradoiros…
- Entrevistas e xestións con representantes das diferentes Administracións para a mellora da adopción e o acollemento en todos os lugares do mundo, en Galicia en particular.
- Organización de encontros formativos ou lúdicos entre as familias adoptivas e acolledoras
- A promoción e difusión de calquera actividade relacionada co eido adoptivo ou acolledor