Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Acompañamento emocional en familia despois do confinamento 1

22 mayo, 2020 @ 18:00 - 20:00

Retomamos as actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS», desta vez de xeito virtual, poñendo en marcha a primeira sesión, de tres, desta estupenda charla:

ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL EN FAMILIA DESPOIS DO CONFINAMENTO

Nas tres sesións faremos unha achega a estas cuestións:
– Análise da situación de confinamento, período máis duro e inicio da desescalada. Dificultades, reaccións…
– A perda doutros referentes adultos na comunidade.
– O cambio das relacións
– O papel das novas tecnoloxías
– Xestión do cambio, aspectos dinámicos da crise…

Dirixido por: ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) é unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias. www.aseiagalicia.org

Para poder participar soamente tendes que cubrir o cuestionario que deixamos a continuación antes das 14:00 h. do día que se celebra o evento e recibiredes un correo co convite e as indicacións para unirse.

Cuestionario: https://forms.gle/yDSR3TiivUTrcnGT8

 

  • DATA: 22/05/20
  • HORA: 18:00 – 20:00
  • LUGAR: Virtual. Aplicación Google MEET

Esta actividade está composta de tres sesións, unha o mes en maio, xuño e xullo.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Lembrade que de luns a venres ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Detalles

Fecha:
22 mayo, 2020
Hora:
18:00 - 20:00