Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Asemblea Xeral de Manaia

24 febrero, 2018 @ 16:30 - 19:30

ASEMBLEA XERAL, a celebrar o sábado 24 de febreiro de 2017, ás 16:30 h. en primeira convocatoria e ás 17:00 h. en segunda, no Salón de Actos do CEIP Manuel Vidal Portela – Avda. Buenos Aires s/n, Pontevedra.

Sabemos que as veces non é doado acudir as nosas actividades pero pedímosvos un esforzo extra nesta ocasión, así a Xunta Directiva entrante poderá escoitar as vosas inquedanzas, as vosas suxestións e, dese xeito, mellorar as actuacións da Asociación.

ORDE DO DÍA.-
– Lectura e aprobación da acta anterior.
– Resumo 2017. «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» en convenio ca Xunta de Galicia.
– Programación 2018.
– Aprobación contas 2017 e orzamento 2018.
– Peche conta bancaria en ABANCA.
– Convenio PESTUDIO – MANAIA. Aprobación.
– Aumentar os fins da Asociación cara o Acollemento. Aprobación.
– Cambio nos estatutos para incluir o Acollemento. Aprobación.(No caso de aprobar o anterior)
– Cambio de denominación da Asociación. Aprobación
– Presentación candidaturas e votación da renovación Xunta Directiva.
– Aportacións e ideas das socias e socios.
– Rogos e preguntas

ASEMBLEA INFANTIL/XUVENIL
Ás 16:30 h. en primeira convocatoria e ás 17:00 h. en segunda, paralelamente a Asemblea Xeral, terá lugar na biblioteca do CEIP Manuel Vidal Portela a 3º Asemblea infatil/xuvenil de MANAIA ca participación de todas as socias e socios menores de 18 anos.

ORDE DO DÍA.-
– Breve explicación do funcionamento da Asemblea
– Propostas de actividades nas ludotecas de MANAIA
– Aportacións e ideas das socias e socios.
– Rogos e preguntas

Na Asemblea infatil/xuvenil de MANAIA non será permitida a participación de calquera socia ou socio maior de 18 anos.

Para mellorar o noso servizo de ludoteca pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia dos vosos fillos/as, tanto na ludo da mañá como a do serán.

Coma sempre tódolas persoas socias poderán convidar a quen queira coñecernos.

Lembrade que pola mañá temos a Charla/Coloquio da Equipa de Educación de Manaia: «RACISMO E ESCOLA”

DE 11:00 A 11:30 e de 14:30 a 16:30 PODEREMOS ESTACIONAR NO APARCADOIRO PRIVADO DO COLEXIO.

Un saúdo a todas e todos,
A Xunta Directiva

Detalles

Fecha:
24 febrero, 2018
Hora:
16:30 - 19:30
Web:
https://www.facebook.com/events/1892373084406585

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Deixa un comentario