Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

22 de Novembro – Ferrol – Obradoiro «Adopción e sentimento de pertenza»

22 noviembre, 2018 @ 17:00 - 19:00

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ferrol con este interesante obradoiro a cargo de Dolores Bouza Vidal, sicóloga e nai adoptiva, que leva por título:

– Adopción e sentimento de pertenza

Neste obradoiro trataremos de revisar as nosas expectativas e prioridades coa finalidade de que os nosos fillos se sintan valiosos e apreciados.

DATA: 22/11/18
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro Cívico de Canido. Poeta Pérez Paralle, s/n – 15401

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 4º xoves de cada mes estaremos en Ferrol.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
22 noviembre, 2018
Hora:
17:00 - 19:00
Etiquetas del Evento:

Local

Centro Cívico de Canido (Ferrol)
Rúa Poeta Pérez Paralle
Ferrol, Coruña 15401 Spain
+ Google Map

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción