- Este evento ha pasado.
22 de Xaneiro – Ourense – Coloquio «Unha viaxe que vai moito máis aló do seu destino»
22 enero, 2019 @ 17:00 - 19:00
ACTIVIDADE MUDADA DE DATA POR MOR DO FESTIVO DO DÍA 1
Comezamos as actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» no 2019 en Santiago de Compostela con este coloquio a cargo de Antón Mouriz, pai adoptado e coordinador do programa:
– Unha viaxe que vai moito máis aló do seu destino
Por qué plantexar unha viaxe ó seu país de orixe? A que idade? Qué queremos atopar as familias? E as rapazas e rapaces?…
Nesta charla/coloquio contaremos con Antón para relatarnos a súa viaxe a China no 2018. A través do seu relato tentaremos abordar os temas ligados a esta experiencia: a familia de orixe, a diferenza racial, o choque cultural…
DATA: 22/01/19
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo