- Este evento ha pasado.
24 de Febreiro – Pontevedra – Charla/Coloquio «Racismo e Escola”
24 febrero, 2018 @ 11:30 - 14:00
O sábado 24 de febreiro ás 11:30 horas MANAIA organiza a charla/coloquio: «RACISMO E ESCOLA”, a cargo da Equipa de Educación da Asociación (formada por Águeda, Chus e Cris),no Salón de Actos do CEIP Manuel Vidal Portela – Avda. Buenos Aires s/n, Pontevedra.
Diferentes estudos realizados amosan que 7 de cada 10 nenas e nenos adoptados sofren agresións racistas na escola e, en moitas ocasións, nin as familias nin os docentes son coñecedores das mesmas. O medo ou a vergoña fai que nalgúns casos non se atrevan a contalo.
Son as familias as que normalmente dan a voz de alarma e se poñen en contacto co centro escolar para frear estas situacións e protexer aos menores. ¿Como actuar?
¿Como podemos axudar aos nosos fillos e fillas nestes casos?
¿Que ferramentas podemos ofrecerlles?
¿Existen protocolos a seguir no eido escolar?
Trataremos de ofrecer algunhas respostas a estas e outras cuestións e presentaremos algúns materiais e recursos que nos axuden a enfrontar do mellor xeito posible estas situacións.
Actividade de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Para mellorar o noso servizo de ludoteca pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia dos vosos fillos/as, tanto na ludo da mañá como a do serán.
Lembrade que pola tarde temos a ASEMBLEA XERAL e a ASEMBLEA INFANTIL/XUVENIL
DE 11:00 A 11:30 e de 14:30 a 16:30 PODEREMOS ESTACIONAR NO APARCADOIRO PRIVADO DO COLEXIO.
EQUIPA DE EDUCACIÓN.- CRISTINA GUEDE, ÁGUEDA RUIBAL e CHUS VÁZQUEZ
Nais adoptivas. Profesoras especialistas de Educación Infantil e Primaria en activo no ensino público. Integrantes da Equipa de Educación de MANAIA e da Comisión de Educación de CORA.