Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

24 de Marzo – Ourense – Charla/Coloquio: «A maternaxe e os vínculos nos procesos de adopción»

24 marzo, 2018 @ 11:30 - 19:30

Temos o pracer de presentarvos a segunda actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar no Centro Cívico A Ponte en Ourense o vindeiro sábado 24 de marzo co título:

A MATERNAXE E OS VÍNCULOS NOS PROCESOS DE ADOPCIÓN

A cargo de MARGARITA CALVENTE MIGUEL

Licenciada en Psicoloxía e Terapeta Psicomotriz. Ao longo da miña vida profesional traballei en case todos os estamentos da Institución Escolar e na axuda aos nenos/ as en situación de dificultade, sempre desde a atención e o apoio para o desenvolvemento da súa capacidades e a evolución do seu ser no seu proceso de crecemento. Desde 2010 traballo no ámbito privado da Terapia Psicomotriz e Atención Temperá no centro Izanez psikomotrizitategunea con nenos e nenas en situación de dificultade e coas súas familias, en sesións de terapia individual e/ou en pequeno grupo e sempre desde un enfoque global que atende aos eixos corporal, afectivo- relacional e cognitivo. Atendo especialmente ás dificultades nos procesos de relación e vinculación, rupturas de vínculo e separacións traumáticas, dificultades no desenvolvemento da identidade, a autonomía e outras circunstancias que afectan o desenvolvemento dos nenos e
nenas e que preocupan ás súas familias e á súa contorna.

e ROSANA DE LA FUENTE DEL RINCÓN

Diplomada en Educación Social. Terapeuta Psicomotriz e Pedagoga Sistémica. Os meus inicios no ámbito da infancia comezan no 2000 no ámbito da intervención socio-educativa como colaboradora do Berritzegune nas escolas e na Fundación Sindrome de Down do Pais Vasco. A partir do 2010 e ata a actualidade desenvolvo o meu labor profesional no Centro de Psicomotricidade KIRIBIL como Terapeuta Psicomotriz e Pedagoga Sistémica. Acompaño aos nenos e nenas nas súas dificultades no desarollo e as súas familias. Nos dous últimos anos realizo acompañamento terapéutico a menores e as súas familias no primeiro ano e medio da adopción con caracter preventivo.

CHARLA/COLOQUIO

– 11:30 a 14:00 Salón de Actos do Centro Cívico A Ponte

Dende o marco teórico e a experiencia das nosas relatoras proponse un achegamento ao maternaje e ao vínculo desde a Terapia Psicomotriz cun enfoque sistémico. Atendendo especialmente á expresión dos nenos e as nenas a través do corpo, o movemento, o xogo, as accións e o comportamento, na formación do novo vínculo.

Miraremos o seu corpo. O corpo no que o neno e a nena vívese, constrúese, cóntanos o que é, a súa historia. E tamén o corpo dos adultos, corpo que recibe e que dá. Trataremos de comprender na expresividade corporal as necesidades profundas dos nenos e as nenas, para así poder ofrecerlles unha resposta axeitada.

XANTAR/PICNIC

– 14:30 a 16:30 Centro Cívico A Ponte

Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO

– 16:30 a 19:30 Salón de Actos do Centro Cívico A Ponte

Contando coa dirección de Marga e Rosana plantexamos un espazo para a reflexión e a aprendizaxe grupal, sobre como os nenos e as nenas expresan as súas necesidades e dificultades de vinculación a través da súa expresión corporal, xestual, comportamental e verbal. E tamén de como os adultos lles recollemos e respondémoslles.

LUDOTECA

– De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30

Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Detalles

Fecha:
24 marzo, 2018
Hora:
11:30 - 19:30
Etiquetas del Evento:

Local

Centro Cívico A Ponte
Rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43
Ourense, Ourense Spain
+ Google Map
Teléfono:
988511911

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción