Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

6 de Setembro – Pontevedra – Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o

6 septiembre, 2018 @ 17:30 - 19:30

Prezadas persoas socias,
seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en A Coruña ca primeira sesión dun obradoiro, composto por tres, a cargo do psicólogo Eduardo Barca sobre:

– Pasado, presente e futuro da miña filla/o adoptada/o 1/3

1º sesión. Pasado: os primeiros coidados e experiencias vividas

  • O Apego
  • Os primeiros tres anos
  • A impronta das experiencias traumáticas no desenvolvemento

DATA: 06/09/18
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo


EDUARDO BARCA ENRIQUEZ

Psicoterapeuta infanto-xuvenil e Psicólogo Xeral Sanitario nº G-03306, Especialista en Adopción e Post-adopción, Traumaterapia Infantil Sistémica (Rede Apega – Formado con Jorge Barudy) e dificultades de aprendizaxe e conductuais en nenas e nenos vítimas de malos tratos, abuso e/ou neglixencia. Director de BOGA Psicólogos (A Coruña). Doutor en Psicoloxía pola UVigo cunha tese sobre as dificultades conductuales e cognitivas na adopción segundo as súas vivencias temperás. Profesor Universitario e Investigador na Universidade da Coruña desde 2009. Co-autor en distintos libros: “ Neuropsicología del Abandono y el Maltrato Infantil” e “Motivación y Aprendizaje Escolar”.

Detalles

Fecha:
6 septiembre, 2018
Hora:
17:30 - 19:30
Etiquetas del Evento:

Local

Casazul
Rúa Sor Lucía, 2
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
606 98 77 43

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción