Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Lugo – Apego e familia 3/3

21 abril, 2020 @ 18:00 - 20:00

ACTIVIDADE ADIADA ATA NOVO AVISO
————————————————————
Continuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Lugo cun ca terceira e última sesión deste obradoiro, a cargo da psicóloga Leticia F. Rivero, sobre:

APEGO E FAMILIA

Como inflúe na nosa vida e na nosa familia as formas de vincularnos que aprendemos?
Empezaremos conectando cos diferentes modelos e indagaremos para poder recoñecer os nosos. Desde aí poderemos entender como o estilo de apego que tivemos como nenas e nenos marcounos profundamente naquel que desenvolvemos como pais.

Que é o apego? Existen diferentes formas de crealo? Diferentes estilos? Como inflúen na nosa maneira de ver o mundo? E á hora de relacionarnos? E de educar?

E ,quizais, a cuestión máis importante: como nos fai sentir isto e como marca o noso papel na familia?.

LETICIA F. RIVERO
Psicologa sanitaria, Experta Universitaria en Intervención en Adopción e xerente do centro Uno Terapias. www.unoterapias.com

    · DATA: 21/04/20
   · HORA: 17:00 – 19:00
  · LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 3º martes de cada mes estaremos en Lugo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Detalles

Fecha:
21 abril, 2020
Hora:
18:00 - 20:00

Local

Rúa Primavera
Rúa Primavera
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map