Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

3 de Xullo – Ourense – Acompañar o proceso madurativo das nenas e nenos desde a práctica psicomotriz vivenciada

Xullo 3 @ 17:00 - 19:30

Seguimos cas actividades do “PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS” en Ourense con este interesante obradoiro a cargo da pedagoga Eva Gómez:

– Acompañar o proceso madurativo das nenas e nenos desde a práctica psicomotriz vivenciada

A través desta proposta, trataremos de realizar un achegamento aos procesos de desenvolvemento do neno/a, do seu percorrido vital para facerse persoa desde o corpo e a orixinalidade desta práctica, que fai dela unha vía privilexiada de entendemento e axuda ao neno/a.

O neno/a constrúese a partir do corpo, e o medio a través do cal aprende, comunícase, coñece o entorno e a si mesmo. Nos 6/7 primeiros anos de vida, o neno/a constrúe a base fundamental na que se xesta a expresividade das emocións e dos afectos primarios, confórmase o corpo e as súas manifestacións, cando se pon a base para todo o desenvolvemento posterior e a formación da súa personalidade.

Este proceso de construción da identidade é complexo e nel poden xurdir dificultades motivadas por múltiples factores, sendo unha das posibles causas que no momento de chegar a este mundo, o bebé non tivera un outro axustado a satisfacer as súas necesidades orgánicas e afectivas, un outro que o sostivera e o envolvera que o protexera. Esta relación de dependencia inicial, sitúa as vivencias corporais dos nenos/as, nun primeiro plano do desenvolvemento.

Desde a Práctica Psicomotriz Vivenciada, trátase de entender a maneira específica que cada neno e nena ten de manifestar a súa estrutura somática, afectiva e cognitiva a través da súa expresividade motriz a cal nos falará das pegadas que a súa historia deixou no seu ton corporal, no seu eixe, no seu equilibrio, no seu sorriso, ritmo, curiosidade e desexo
de acción.

DATA: 03/07/18
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo


EVA GÓMEZ RODRÍGUEZ

Pedagoga especialista en Pedagoxía Terapéutica e Educación Especial. Psicomotricista. Coleg: 1514

No meu desenvolvemento profesional, traballei en distintos ámbitos relacionados co mundo dos nenos/as e sempre procurei achegarme a eles crendo que son seres únicos,
cunha historia orixinal que posúen todas as potencialidades para poder evolucionar e que a función do adulto é acompañalos nese percorrido madurativo para escoitalos, miralos con confianza, darlles o seu lugar, apoialos nas dificultades axudándolles a canalizar os seus malestares e guiándoos na resolución de conflitos e, sobre todo, para darlles seguridade afectiva.

No ano 2013, comecei a formarme como psicomotricista e chegou a min a posibilidade de profundar no seu coñecemento, nas súas necesidades, na importancia dos primeiros anos e dos vínculos de apego para a construción do psiquismo, para coñecer como integra o neno este psiquismo, a través do corpo e o movemento, e a importancia do adulto para arroupalo no seu mundo emocional e poder ofrecerlles unha reposta axustada as súas necesidades de desenvolvemento.

A Práctica Psicomotriz, permitiume traballar no centro “Medrando Xuntos” con grupos de axuda e terapéuticos e acompañamento as súas familias. Ao tempo, medraba como psicomotricista en distintos programas do ámbito educativos e social como, o Programa de Psicomotricidade Educativa do Concello de Ames, na Escola Infantil de Negreira ou no Programa de Psicomotricidade Vivenciada da Fundación Down Compostela.

Na actualidade, estou desenvolvendo a miña labor profesional en Ourense en colaboración con varias Asociacións e en setembro contarei co meu propio espazo, para seguir acompañando aos nosos nenos e nenas na súa evolución.

Details

Date:
Xullo 3
Time:
17:00 - 19:30
Event Tags:

Venue

Centro Cívico A Ponte
Rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43
Ourense, Ourense Spain
+ Google Map
Phone:
988511911

Organizer

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción