- Este evento ha pasado.
12 de Decembro – A Coruña – Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS?
12 diciembre, 2017 @ 17:00 - 19:00
Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en A Coruña cun coloquio sobre:
– Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS?
Levamos un ano poñendo en marcha o «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS e pensamos que é hora de analizar o feito e falar do que esperamos del para o 2018, e ninguén mellor que as persoas que vides as actividades para facelo.
- Son os espacios e os horarios axeitados?
- En que temas estamos interesadas?
- Que tipo de actividade e a mellor: obradoiro, charla, coloquio?
- Poderíamos montar un GAM (Grupo de Axuda Mutua)?
Estas e todas as cuestións que se vos pasen pola cabeza poderémolas falar nesta actividade. Non o perdades, lembrade que: “Se queres ir rápido, camiña só; pero se queres chegar lonxe, camiña acompañado” (proverbio africano)
DATA: 12/12/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.
Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo