Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Sábado 30 – Ourense – As palabras prohibidas

Marzo 30 @ 11:00 - 19:30

Temos o pracer de presentarvos unha actividade de sábado do “Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas” que terá lugar no Centro Cívico A Ponte en Ourense o vIndeiro sábado 30 de marzo co título:

AS PALABRAS PROHIBIDAS

A cargo de PILAR REY SUÁREZ
Traballadora social. Terapeuta familiar. Educadora certificada de familias e docentes en Disciplina Positiva pola Positive Discipline Association. Formación en pérdidas, duelo e trauma no Instituto de Psicoterapia Integrativa-Relacional. IPIR. Barcelona. Master en Couseling de dó e perdas (Universidade de Barcelona). Formación en Psicoterapia Sensoriomotor (Sensoriomotor Psychotherapy Institute).

CHARLA/COLOQUIO
11:30 a 14:00 Sala 6 do Centro Cívico A Ponte

Todo proceso de adopción sempre comeza cunha perda onde se poderán vivir diferentes tipos de dó que van ter unhas características que fan que sexan diferentes aos demais dós.

Cando os nosos fillos son conscientes de que para pertencer a unha familia adoptiva é porque perderon á súa familia biolóxica contactan cuns sentimentos moi dolorosos e moi difíciles de soster onde, ademais, non é habitual que compartan connosco a forma na que viven esa experiencia e exprésennos o que queren, o que están a sentir ou o que precisan porque non teñen mecanismos para verbalizarlo.

Nesta charla tentaremos respostar a diferentes cuestións:

  • Tamén hai dó na adopción?
  • Que preguntas facémonos ó respecto?
  • Hai dós nas nais e pais?….

XANTAR/PICNIC
14:30 a 16:30 Centro Cívico A Ponte
Ao remate da charla, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO
16:30 a 19:30 Sala 6 do Centro Cívico A Ponte
Contando coa dirección de Pilar Rey plantexamos un espazo para a reflexión e a aprendizaxe grupal, sobre os contidos da charla da mañá.

LUDOTECA
De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Un saúdo

Detalles

Data:
Marzo 30
Hora:
11:00 - 19:30
Evento Etiquetas:
, ,

Protagonista

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Recinto

Centro Cívico A Ponte
Rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43
Ourense, Ourense Spain
+ Google Map
Teléfono:
988511911