Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Sábado 6 – Pontevedra – TEAF: definición e estratexias

6 abril, 2019

Temos o pracer de presentarvos unha nova xornada do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar na Casazul en Pontevedra o sábado 6 de abril, e que ten por título:

TEAF, Trastorno do Espectro Alcólico Fetal: definición e estratexias

A cargo de MARTA ASTALS VIZCAÍNO
Licenciada en Psicoloxía, Universitat Autònoma de Barcelona
Mestrado en Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos da Linguaxe, Universitat Oberta de Catalunya. Psicóloga do Grup de Recerca Infancia i Entorn (GRIE), Servicio de Neonatología, Hospital Clínic-Maternitat, IDIBAPS, ICGON, BCNatal, Barcelona,
e de OSCAR GARCÍA-ALGAR
Médico e pediatra. Xefe do servizo de neonatoloxía, Hospital Clínic-Maternitat, Barcelona, ICGON (Institut Clínic de Ginecologia, Obstetrícia i Neonatologia), BCNatal (Centre de Medicamento Maternofetal i Neonatal de Barcelona, Hospital Sant Joan de Déu, Hospital Clínic). Foi coordinador de urxencias de pediatría do Hospital do Mar de Barcelona. Profesor Asociado Médico de Pediatría, Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). Coordinador do Grup de Recerca Infancia i Entorn (GRIE), IDIBAPS. Anteriormente: IMIM (Instituto Hospital do Mar de Investigacións Médicas).
Actividade PECHADA para as familias afectadas polo TEAF, ou que pensen que poden estalo, sexan 
ou non socias de MANAIA.

IMPORTANTE: 
Obrigatoria a inscripción cubrindo o seguinte cuestionario:https://goo.gl/forms/zrwkNzkrbvkXg1z33

 

CHARLA/COLOQUIO
– 11:30 a 14:00 Sala Valdecorvos
A exposición ao alcol durante o embarazo é unha situación frecuente na nosa contorna e tamén en moitos países occidentais. A súa consecuencia é o Trastorno do Espectro Alcólico Fetal (TEAF). Este trastorno é moi frecuente en nenos adoptados en países de Europa do Leste (e tamén noutros países) e caracterízase por síntomas relacionados principalmente coa capacidade intelectual (neurocognitivos) e coa conduta. En todos os casos o efecto negativo do alcol súmase ao derivado do abandono.
As necesidades destas familias refírense ao diagnóstico do TEAF, ás estrategas de tratamento, aos recursos de todo tipo (educativos, sanitarios, psicolóxicos, laborais, residenciais, etc.).

O obxectivo desta actividade formativa ten dúas vertentes:
  1. explicar o TEAF en todos os seus aspectos e
  2. escoitar e tentar responder a todas as cuestións expostas polas familias.
XANTAR/PICNIC
– 14:00 a 16:30
Ao remate da charla, como ven sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic nas instalacións da Casazul onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).
OBRADOIRO
– 16:30 a 19:30 Sala Valdecorvos
Neste obradoiro, ca axuda de Marta e Oscar, tentaremos darlle resposta a todas as inquedanzas das familias.
LUDOTECA
– De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
Servizo de ludoteca de baldeESPERÁMOSVOS!!!!Un saúdoMáis información en www.manaia.eshttps://www.facebook.com/adopcionmanaia – manaia@manaia.es – 688 927 124

Detalles

Fecha:
6 abril, 2019
Etiquetas del Evento:
, ,

Organizador

Manaia – Asociación Galega de Axuda á Adopción

Local

Casazul
Rúa Sor Lucía, 2
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
606 98 77 43