Prezadas persoas socias,
comezamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Santiago cun CineForum, onde veremos e comentaremos un documental.
DATA: 16/02/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Casa das Asociacións: Antiga Estación de Cornes, rúa Manuel Beiras, 3.
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.es ou no 665 992 687.
Lembrade que todos os 3º xoves de cada mes estaremos en Santiago.
Un saúdo
A Xunta Directiva