7 de Decembro – Pontevedra – Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS?

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense cun coloquio sobre:

– Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS?

Levamos un ano poñendo en marcha o «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS e pensamos que é hora de analizar o feito e falar do que esperamos del para o 2018, e ninguén mellor que as persoas que vides as actividades para facelo.

  • Son os espacios e os horarios axeitados?
  • En que temas estamos interesadas?
  • Que tipo de actividade e a mellor: obradoiro, charla, coloquio?
  • Poderíamos montar un GAM (Grupo de Axuda Mutua)?

Estas e todas as cuestións que se vos pasen pola cabeza poderémolas falar nesta actividade. Non o perdades, lembrade que: “Se queres ir rápido, camiña só; pero se queres chegar lonxe, camiña acompañado” (proverbio africano)

DATA: 07/12/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

5 de Decembro – Ourense – Charla/coloquio «Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS?»

Seguimos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Ourense cun coloquio sobre:

– Que temos e que queremos das actividades do PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS?

Levamos un ano poñendo en marcha o «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS e pensamos que é hora de analizar o feito e falar do que esperamos del para o 2018, e ninguén mellor que as persoas que vides as actividades para facelo.

  • Son os espacios e os horarios axeitados?
  • En que temas estamos interesadas?
  • Que tipo de actividade e a mellor: obradoiro, charla, coloquio?
  • Poderíamos montar un GAM (Grupo de Axuda Mutua)?
  • Estas e todas as cuestións que se vos pasen pola cabeza poderémolas falar nesta actividade. Non o perdades, lembrade que: “Se queres ir rápido, camiña só; pero se queres chegar lonxe, camiña acompañado” (proverbio africano)

DATA: 05/12/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Sala 4. Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

25 de Novembro – Vigo – Charla / Coloquio «Coñecendo, narrando e buscando as orixes: cara á apertura e integración»

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar no VIGOZOO en Vigo o vindeiro sábado 25 de novembro co título:

Coñecendo, narrando e buscando as orixes: cara á apertura e integración

A cargo de IRENE SALVO AGOGLIA

Psicóloga pola Universidade de Chile, Master en Asesoramento e Orientación Familiar pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Psicoloxía pola Universidade de Buenos Aires.

Desde hai 15 anos desempéñase como docente, investigadora e consultora especializada en materia de diversidade familiar, xénero e adopcións en diversos organismos gobernamentais, non gobernamentais e institucións académicas. Foi coordinadora académica e docente do Diplomado de Actualización en Adopción “Desde a teoría aos modelos de intervención”, ditado para profesionais do Departamento de Adopción de SENAME (Chile), co-investigadora en diversos estudos sobre a temática adoptiva, autora de publicacións académicas e recentemente integrante do equipo de investigación AFIN da Universidade de Barcelona. Entre outras publicacións, foi editora do Libro: “Adopcións en Chile: políticas, intervencións e investigacións” (Edicións Universidade Alberto Furtado, 2017).

Actualmente é investigadora responsable do estudo: “Adopcións en Chile: a construción de narrativas sobre as orixes e a identidade” (2017-2020), financiado pola Comisión Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (CONICYT) do Goberno de Chile.

Leer mais …

28 de Outubro – Santiago – Charla/Coloquio «A reparación psiconeurobiolóxica do apego en nenas/os adoptadas/os a través de relacións significativas»

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do «Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas» que terá lugar no Centro Sociocultural José Saramago de VITE en Santiago de Compostela o vIndeiro sábado 28 de octubro co título:

A reparación psiconeurobiolóxica do apego en nenas/os adoptadas/os a través de relacións significativas

Teremos unha charla / coloquio pola maña e despois de comer (levaremos a comida de casa e comeremos alí) faremos un taller.

Leer mais …

5 de Outubro – Pontevedra – Obradoiro «Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a» (2 de 3)

Continuamos cas actividades do «PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS» en Pontevedra ca segunda parte, de tres, do obradoiro a cargo de Magdalena Otero, sicóloga de Paradoxo, sobre:

– Como achegarse e educar ao teu fillo/a adoptado/a

Ao longo de este obradoiro de dúas horas, levaranse a cabo diferentes dinámicas que permitirán aos asistentes adquirir certos coñecementos e habilidades sobre a adolescencia dos adoptados e diferentes ferramentas que lles permitan traballar cos seus fillos/as dende a proximidade afectiva. Os aspectos a tratar serán os seguintes:
• Fitos característicos da adolescencia e da adolescencia do adoptado.
• Funcións dos pais e nais dos adoptados adolescentes.
• Estratexias e ferramentas útiles para a educación dos fillos adolescentes.

DATA: 05/10/17
HORA: 17:30 – 19:30
LUGAR: Casazul: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …