Ferrol (Narón) – 23 de Febrero – Actividade do «Programa de acompañamento familiar en adopción» : Cineforum

Prezadas persoas socias, comezamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Ferrol cun CineForum, onde veremos e comentaremos un documental DATA: 23/02/17 HORA: 17:00 – 19:30 LUGAR: Centro Comunitario «Manuela Pérez Sequeiros». Rúa María Casares, s/n. Narón Coma sempre podedes convidar a quen queirades. ESPERÁMOSVOS!!!! Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde … Leer mais …

Lugo – 21 de Febrero – Actividade do «Programa de acompañamento familiar en adopción» : Cineforum

Prezadas persoas socias, comezamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Lugo cun CineForum, onde veremos e comentaremos un documental. DATA: 21/02/17 HORA: 17:00 – 19:30 LUGAR: Centro de Convivencia Maruja Mallo. Rúa Primavera, 37 Coma sempre podedes convidar a quen queirades. ESPERÁMOSVOS!!!! Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e … Leer mais …

Comunicado de MANAIA sobre a situación das familias afectadas polas novas condicións para adoptar en Etiopía e Burundi

Puedes leer este artículo en castellano aquí

Despois de examinar e analizar a información recibida, desde MANAIA queremos expresar o seguinte:

  • Entendemos a difícil situación na que se atopan as familias afectadas, obrigadas a elixir entre o peche dos seus expedientes e o «rescate» dunha OAAI (antes ECAI) na que xa non confían, e por iso pensamos que para tomar este tipo de decisión teñen que contar con información real sobre o destino do diñeiro que achegaron no seu día e o que se lles solicita que acheguen agora, e coa máxima información por parte de ADDIS Galicia sobre a situación dos seus expedientes.
  • Queremos sinalar que o suposto compromiso por parte de ADDIS Galicia é facer asignacións pero en ningún momento poden ofrecer ningún tipo de garantía da resolución dos 20 expedientes, 10 en Etiopía e 10 en Burundi, que se comprometen a tramitar nin, moito menos, garantir a súa supervivencia como entidade tramitadora.
  • Nestes momentos a situación política en Etiopía e Burundi é moi inestable, e todos sabemos que hai familias asignadas hai máis dun ano que aínda non viaxaron, polo que pensamos que non existen as condicións necesarias para continuar cos trámites necesarios para unha adopción coas necesarias garantías. Coñecemos o duro que resulta pechar un expediente de adopción, e con el un proxecto de vida, pero tamén sabemos que é moito maior a dor de ter que renunciar a un expediente con nome e foto.
  • Por outro lado, a solicitude dun donativo directo ao orfanato non está dentro do que desde MANAIA entendemos como adopcións éticas. Ademais, neste caso temos indicios para pensar que pode non ser nin sequera legal, xa que parece que os donativos que se solicitan ás familias non están controlados polas autoridades que en Etiopía teñen competencia sobre a materia porque este diñeiro tampouco se reflicte na información ofrecida pola Xunta de Galicia.

Leer mais …

Santiago – 16 de Febrero – Actividade do «Programa de acompañamento familiar en adopción» : Cineforum

Prezadas persoas socias,
comezamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en Santiago cun CineForum, onde veremos e comentaremos un documental.

 

DATA: 16/02/17
HORA: 17:00 – 19:30
LUGAR: Casa das Asociacións: Antiga Estación de Cornes, rúa Manuel Beiras, 3.

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …

A CORUÑA – 1ª actividade do «Programa de acompañamento familiar en adopción»

Prezadas persoas socias,
comezamos cas actividades do «Programa de acompañamento familiar en adopción» en A Coruña cunha charla/coloquio sobre:

– Adopción en primeira persoa, a cargo de Xabier, membro de La Voz de los Adoptados

Nesta actividade tentaremos coñecer como se vive a adopción dende dentro.

DATA: 14/02/17
HORA: 17:00 – 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades

ESPERÁMOSVOS!!!!

Leer mais …